Escrito o:
Píldoras de coñecemento para emprendedores
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acollerá en próximas datas unha serie de accións de capacitación dirixidas a emprendedores ou potenciais emprendedores, as Píldoras de Coñecemento para Emprendedores. Organizadas como breves cursos de formación intensiva e práctica, as píldoras de coñecemento son un dos proxectos dos Orzamentos Participativos do Concello de Lugo.
De acceso gratuíto previa inscrición, terán lugar entre os próximos meses de abril e maio nas instalacións da CEL en Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta, en horario de 16:00 a 20:00 horas de luns a mércores, e de 16:00 a 19:00 horas os xoves (15 horas totais de duración por píldora).
En total, os cursos contan cun total de 60 prazas (15 por acción formativa) que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través da seguinte LIGAZÓN. Cada interesado pode inscribirse nunha ou varias destas accións.
Píldoras
Concretamente, impartiranse catro Píldoras de Coñecemento ou accións de capacitación (máis info descargable en pdf ao final desta entrada):
- Píldora VIVES OU TRABALLAS? PON O TEU NEGOCIO A TRABALLAR PARA TÍ (do 1 ao 4 de abril)
Os obxectivos desta píldora son: achegar coñecementos e claves efectivas para a xestión dun negocio de forma que este poida medrar sen que todo recaia na persoa emprendedora. Trátase de potenciar unha visión práctica da dirección dun proxecto empresarial en base a sistemas de traballo en equipo, impulsando a súa viabilidade económica, crecemento e estabilidade.
O programa pibota en tres eixos: motivación empresarial e os seus efectos, avaliación da situación actual e procedementos de mellora.
- Píldora NEGOCIOS QUE NAMORAN (do 6 ao 9 de maio)
Ten como finalidade orientar a emprendedores para a formulación dunha proposta de valor atractiva e difrenciada para o seu negocio, atractiva para que o seu produto ou servizo sexa elixido fronte ao da competencia.
Divídese en sesións que se relacionan coa creación dunha proposta de valor, coa comunicación da proposta de valor e co street marketing, gamificación e marketing online.
- Píldora ORGANIZACIÓN HUMAN TO HUMAN (do 13 ao 16 de maio)
Os propósitos desta píldora van dende desenvolver en empresarios, líderes e responsables as distintas capacidades que necesitan as organizacións, a profundizar as habilidades sociais profesionais mediante os factores intanxibles que xeran o 90% do éxito das empresas: rede de contactos, comportamento, coñecemento adquirido, comunicación, emocións, confianza, imaxinación e creatividade.
Esta píldora versará sobre a comunicación auténtica, a comunicación en público e marcación de obxectivos persoais e sobre a intelixencia emocional.
- Píldora PLANIFICACIÓN CONTINUA FINANCEIRA (do 20 ao 23 de maio)
Esta píldora busca achegar coñecementos teóricos e, sobre todo, prácticos, de cara ao desenvolvemento dunha visión financieira global do proxecto empresarial, facilitando ferramentas efectivas para a posta en marcha dun sistema de planificación continua financieira que facilite a xesitón do negocio e a toma de decisións por parte da dirección.
Xirará ao redor dunha introducción ás finanzas, visión estratéxica, ferramentas de planificación e documentación.
INSCRICIÓN PÍLDORAS DE COÑECEMENTO PARA EMPRENDEDORES
Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27001 Lugo