Escrito o:
Nova xunta directiva en AJE Lugo
A Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia de Lugo (AJE Lugo) celebrou o día 27 de febreiro de 2013 reunión da súa asemblea con carácter electoral. Ademais de aprobar as contas e a memoria de actividades do exercicio 2012, procedeuse á renovación da xunta directiva proclamándose por unanimidade a única candidatura presentada, presidida por Santiago Seijas, que afronta así o seu segundo mandato consecutivo á fronte deste colectivo empresarial.
Así, a composición da xunta directiva de AJE Lugo a partir da data desta reunión é a seguinte:
Presidente
Santiago Seijas Alfonso (Vitae)
Vicepresidente
Héctor Dorribo Besteiro (Dopetel)
Secretaria Xeral
Carmen J. López Rodríguez (Lustrum Avogados)
Tesoureiro
Juan Manuel López Labrada (PyH Enxeñaría)
Vogais
Ramón Campello Castro (Tecvipro)
Branca de Cora García - Montenegro (Grupo O Progreso)
A xunta directiva de AJE, que agrupa a empresarios lucenses con menos de 40 anos de idade, pretende nesta nova etapa potenciar a forza do colectivo fronte ás administracións públicas e consolidar a imaxe da asociación.
Imaxe: AJE Lugo