Escrito o:
Os empresarios galegos reuníronse en Santiago coa ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social
A ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Magdalena Valeiro, mantivo onte en Santiago un encontro cos representantes do empresariado galego, encabezados polo portavoz da Xunta de Vicepresidentes da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, a quen acompañaron dirixentes do catro organizacións que integran a patronal, entre eles Jaime López, o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo.
Durante o encontro, que se prolongou por espazo de hora e media e no que tamén participou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a ministra trasladou aos representantes do empresariado galego os eixos sobre os que viran as políticas que está a desenvolver o seu departamento naqueles aspectos que máis poden afectar o desenvolvemento económico e social das empresas.
Pola súa banda, os empresarios mostráronlle á ministra o seu agradecemento pola celebración do encontro e fixérona partícipes daquelas cuestións que máis lles preocupan, como son a subida do salario mínimo interprofesional, que supón un impacto orzamentario aproximado de 340 millóns de euros; a necesidade de establecer un marco de diálogo para chegar a un acordo en materia de formación profesional para mellorar o emprego e o reforzo das accións que permitan o mantemento das factorías de Alcoa cuxo peche se comunicou.
Os asistentes ao encontro tamén se mostraron satisfectos polo desenvolvemento desta toma de contacto coa ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social na súa primeira visita oficial a Galicia.