Escrito o:
Asamblea Xeral de ASEMACO
Máis dun centenar de empresarios e profesionais pertencentes á Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción, ASEMACO, participaron na Asamblea Xeral Ordinaria do colectivo, celebrada en Santiago de Compostela, e na que se realizou un balance do exercicio 2012 y se testou o actual estado do sector en Galicia. Na cita apostouse pola salida das empresas do sector a mercados exteriores, así como polo fomento de alianzas estratéxicas con outros sectores afíns.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, clausurou o encontro, no que tamén se renovou o convenio de colaboración entre a Xunta e ASEMACO para fomentar a rehabilitación de vivendas na Comunidade Autónoma.
Unidade asociativa
A difícil situación que están atravesando as empresas do sector, debido ó azote da crise, foi un dos eixos centrais da reunión, a través da que se busca que, de xeito cohesionado y gracias á unidade asociativa, poidan buscarse vías de traballo para afrontar o futuro con optimismo. Neste senso, durante o encontro presentouse o novo convenio Crediasemaco con Novagalicia Banco, os novos proxectos de formación para las empresas asociadas coa Escola de Negocios Novacaixagalicia ou a próxima edición do Salón da Construcción de Galicia, Feira SICO, que se celebrará o próximo ano.
Imaxe: Asemaco