Escrito o:
CURSOS de Marketing Digital e E-Commerce
A Fundación CEL organiza, no marco das accións da Rede Eusumo e co cofinanciamento da Xunta de Galicia, dúas novas accións formativas para o mes de setembro. TERÁN lugar nas súas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e trátase de dous cursos en materia de mercadotecnia en liña e comercio electrónico, completamente gratuítos e especialmente dirixidos a cooperativas, sociedades laborais de recente creación e emprendedores interesados nas fórmulas de economía social.
Estes cursos serán impartidos por Raúl Ordóñez de Sherpa Dixital, profesional con máis dunha década de experiencia, especializado en mercadotecnia e comunicación en liña, formación e consultoría tecnolóxica, blogues, redes sociais, goberno aberto e estratexias dixitais no mundo empresarial e organizacional.
- Curso Inbound Mercadotecnia
O primeiro dos cuross desenvolverase do 10 ao 13 de setembro en horario de tarde. Busca proporcionar formación sobre as mellores técnicas e estratexias para atraer clientes en internet e a través das diferentes ferramentas que nos proporciona a Rede.
Inscrición ¡¡PRAZAS AGOTADAS!!
- Curso E-commerce
O segundo curso programado (do 17 ao 20 de setembro) está oreintado ao E-commerce ou comercio electrónico e busca facilitar a aprendizaxe para crear e configurar unha tenda en liña para un negocio, utilizando dúas aplicacións webs completamente gratuítas e moi potentes: WordPress e WooCommerce.
MÁIS INFO na web da Fundación CEL