Escrito o:
Cursos para emprendedores de economía social
A Fundación CEL - Iniciativas por Lugo organiza, co apoio da Rede Eusumo e a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, dúas accións formativas para as primeiras semanas de xullo a través das que trata de capacitar a futuros empresarios de economía social en coñecementos prácticos de face á posta en marcha das súas iniciativas. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Concretamente, os cursos que impartirá son:
Curso Herrramientas Imprenscindibles para un Emprendedor Cooperativo
DATAS: Do 2 ao 5 de xullo de 2018
HORARIO: De 16:00 a 20:00 h.
CONTIDO: Ofrecerase formación en ferramentas para falar en público, comunicar de forma efectiva, coaching para vendas ou negociación cooperativa
Curso Finanzas non Financeiros
DATAS: Do 9 ao 12 de xullo de 2018
HORARIO: De 16:00 a 20:00 h.
CONTIDO: Ofrecerase formación en ferramentas para xestionar as finanzas dun negocio, como análise económica, conta de perdas e ganancias, conta de resultados, plan de tesouraría, plan fiscal, etcétera.