Voltar atrás

Escrito o:

Curso de Iniciativa Emprendedora

A Fundación CEL - Iniciativas por Lugo acollerá durante o período estival un Curso de Iniciativa Emprendedora, impulsado pola Escola de Organización Industrial (EOI) no marco do programa LugoWork da Deputación Provincial de Lugo e financiado polo Fondo Social Europeo Iniciativa de Emprego Xuvenil, e que conta tamén este ano coa colaboración desta Confederación.

O obxectivo principal deste programa formativo é fomentar a cultura e a iniciativa emprendedora entre os mozos que se atopen en situación de desemprego, dotándolles dunha formación de calidade para que poidan incorporarse á actividade laboral a través do autoemprego.

Poderán inscribirse todos aqueles mozos, menores de 30 anos, en situación de desemprego e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que están a valorar crear a súa propia empresa e teñan interese en aprender a xestionar con éxito as distintas áreas funcionais da mesma (planificación estratéxica, modelo de negocio, mercadotecnia, comunicación, finanzas, fiscal, mercantil).

A través deste curso axudarase aos asistentes a formarse para transformar unha idea empresarial nun proxecto viable, estimulando a súa creatividade e orientándolles na definición do seu modelo de negocio mediante metodoloxía LeanStartup. Fomentarase así mesmo o uso de TIC como elemento de innovación e diferenciación na idea de negocio.

O curso impartirase do 9 de xullo ao 2 de agosto de 2018, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, sendo o total de horas de formación que recibirá cada alumno de 95, todas presenciais, 90 de carácter grupal, e 5 adicionais de tutorización individual e personalizada por participante (ou proxecto empresarial) sobre todos os aspectos relacionados coa creación dunha empresa (modelo de negocio, mercadotecnia, procura de financiamento, subvencións, trámites de constitución e posta en marcha, e tutorías sobre temas concretos clave para o desenvolvemento de cada proxecto empresarial participante).

Os alumnos que finalicen con éxito este curso recibirán ademais, apoio para a posta en marcha do seu negocio (tutorización e acompañamento) a través dos servizos técnicos da CEL e a propia Fundación CEL.

Ver programa

Inscrición