Voltar atrás

Escrito o:

Taller Conecta Peme 2018

O vindeiro xoves, 8 de febreiro, publicarase no DOG unha nova convocatoria do programa de axudas Conecta Peme, a través do que se habilitan apoios para proxectos de I+D+i impulsados por grupos de empresas en Galicia.

A sede da Fundación CEL acollerá ese mesmo día, a partir das 10:00 horas, un taller informativo sobre estas axudas, no que se informará sobre requisitos e particularidades da convocatoria, ademais de facilitar a posibilidade de participar en encontros bilaterais con persoal técnico da área de Servizos da Axencia Galega de Innovación (GAIN), que xestiona estas axudas.

O programa Conecta Peme está dirixido a agrupacións de pequenas, medianas e grandes empresas galegas con proxectos innovadores. Contará cun orzamento en 2018 de 27 millóns de euros. A intensidade da axuda oscilará entre un 15% e un 80% do custo subvencionable, en función do tipo de empresa e do tipo de proxecto.

Ver programa do Taller Lugo

Inscrición Taller Lugo

Resumo Axudas Conecta Peme