Voltar atrás

Escrito o:

Aberta a quinta edición de ViaGalicia coa Fundación CEL como sede norte

Un ano máis, a Fundación CEL - Iniciativas por Lugo será centro de referencia para os emprendedores do norte da comunidade galega que desexen presentar candidatura á quinta edición de ViaGalicia, un progama de aceleración de empresas que para esta nova convocatoria conta cun orzamento de 2,65 millóns de euros.

Como sempre, ViaGalicia, impulsada polo Consorcio Zona Franca de Vigo y la Xunta de Galicia, apoiará proxectos de negocio a través de formación, asesoramento, mentoring, coworking e financiamento. As empresas que cheguen á fase final de aceleración poderán obter até 125.000 euros en axudas directas y de capital risco. Ademáis, e como novidade da quinta edición, impulsaránse dous proxectos de edicións anteriores, que participarán directamente na nova fase de aceleración.

Igualmente e como en anos anteriores, ViaGalicia busca “persoas creativas, innovadoras, comprometidas, con afán de superación e dispostas a asumir o risco e esforzo do emprendemento”, cun proxecto empresarial con posibilidades de ser sostible no tempo, rentable, acelerable e invertible.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto até o día 29 de setembro.

Máis info