Voltar atrás

Escrito o:

Obradoiro de presentación Programas Principia e Innova PEME 2017

O martes 18 de xullo, a Fundación CEL - Iniciativas por Lugo celebra este obradoiro técnico en colaboración con GAIN, ao obxecto de presentar, para a provincia de Lugo, estes novedosos programas dotados con 6.100.000 € e destinados a fortalecer o posicionamento, competitividade e a internacionalización das pemes galegas a través da mellora da súa capacidade de innovación.

Máis info e inscrición

O Programa Innova Peme, do que esta é a súa primeira convocatoria, xunto co Programa Principia, que acada a segunda trala súa posta en marcha en 2016, constitúen as únicas convocatorias de axudas á innovación de carácter individual destinadas a pemes da nosa comunidade autónoma.

Innova Peme 2017 ten como obxectivo ofertar axudas a fondo perdido ás pemes galegas para financiar actividades integradas nun Plan de Innovación, que cada empresa solicitante destas axudas debe elaborar e presentar de acordo a un modelo tipo que se incluirá na propia convocatoria de axudas para facilitar a súa preparación.

Estos planes de innovación permitirán ás empresas sistematizar os seus procesos de innovación, e han de estar aliñados coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.

As axudas que se establecen, poderán chegar aos 150.000 €, e terán unha intensidade do 50% do orzamento subvencionable de cada Plan de Innovación, que estarán comprendidos entre os 100.000 e os 200.000 euros para as micropemes, e entre os 150.000 e os 300.000 euros para as pemes.

obxectivo do obradoiro, que se celebrará nas instalaciones do Pazo de Ferias e Congresos de Lugo o vindeiro 18 de jullo, é o de presentar as principais novidades do Programa Principia respecto da convocatoria anterior, e dar a coñecer os requisitos e características do Programa Innova Peme, resolvendo as dúbidas que os interesados en Lugo poidan plantexar  ao respecto e para propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades e empresas.

Ademais, contémplase, ao rematar o obradoiro, aa realización de reunións bilaterais e individuais con personal técnico de GAIN (previa solicitude na folla de inscrición á actividade).

Pazo de Feiras e Congresos
O Palomar, s/n
Lugo