Escrito o:
Cursos Gratuítos de Marketing Dixital para Cooperativas e Sociedades Laborais
Tralo éxito colleitado na primeira edición celebrada en 2016, un ano máis a Fundación CEL – Iniciativas por Lugo ofrece a posibilidade de asistir a dous cursos en materia de marketing online, completamente gratuítos e especialmente dirixidos a Cooperativas, Sociedades Laborais de recente creación e emprendedores de economía social.
Así, no primeiro deles, que se desenvolverá do 11 ao 14 de setembro en horario de tarde, aprenderás a instalar, configurar, xestionar e optimizar WordPress, o xestor de contidos máis popular do mundo, que é usado en tres de cada cuatro webs corporativas do planeta. Xunto aos aspectos técnicos, tamén se abordarán as claves para desenvolver unha estratexia de marketing de contidos axeitada a teu negocio ou proxecto a través desta ferramenta.
No segundo curso (do 19 ao 21 de setembro) entenderás a importancia que teñen as redes sociais como canles de comunicación, promoción e venda. Centrarémonos nalgunhas das máis importantes como Facebook, Twitter ou YouTube, explicando o seu funcionamento e adquirindo os coñecementos necesarios para levar a cabo unha estratexia social media eficiente.
Trátase dun proxecto cofinanciado pola Rede Eusumo e a Xunta de Galicia do que xa se realizó unah primera edición en 2016 acaparando un grande interese dende a súa convocatoria e obtendo unha excelente resposta e resultados por parte dos participantes.
Máis información, programa e boletín de inscrición na seguinte ligazón: cursos-gratuitos-de-marketing-digital-para-cooperativas-y-sociedades-laborales
Pazo de Feiras e CongresosO Palomar, s/n
Lugo