Voltar atrás

Escrito o:

Entrega de diplomas na CEL

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu hoxe o acto de entrega dos diplomas do curso "Aproximación didáctica á Internet das cousas. Aplicacións e manexo de sistemas non tripulados", organizado pola CEL co apoio da Xunta de Galicia no marco dos programas formativos para traballadores da industria 4.0, cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014 ? 2020.

A finalización deste curso, no que participou unha vintena de alumnos, facilitou aos seus asistentes a obtención dunha dobre certificación, en "Internet das cousas" e en "Manexo de vehículos aéreos non tripulados" (RPAs/drones).

No acto de entrega de diplomas estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; a xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández, e o secretario da CEL, Jaime López.

Prioridade

José Manuel Balseiro lembrou na súa intervención que a implantación da industria 4.0 considérase estratéxica e que, por tanto, ?a industria 4.0 será prioritaria nas próximas convocatorias de axudas dá Consellería de Economía, Emprego e Industria?. 

Pola súa banda, o secretario da CEL lembrou que a industria 4.0 é "unha das áreas nas que se prevé un maior incremento de emprego e creación de empresas dos próximos anos: todo o que ten que ver coa industria 4.0, en realidade unha nova revolución industrial, está a marcar xa non o futuro, senón o presente das nosas empresas"

Ambos coincidiron en resaltar a necesidade de que as empresas afronten con éxito o reto de adaptarse á industria 4.0 e a importancia que ten, para iso, o lograr unha boa cualificación dos traballadores nesta materia.