Voltar atrás

Escrito o:

Curso de Iniciativa Emprendedora

A Escola de Organización Industrial (EOI), no marco do programa Lugowork da Deputación Provincial de Lugo e financiado polo Fondo Social Europeo Iniciativa de Empleo Juvenil, organiza proximamente un CURSO DE INICIATIVA EMPRENDEDORA, co obxectivo de fomentar a cultura e a iniciativa emprendedora dos mozos que se atopen en situación de desemprego, dotándolles dunha formación de calidade para que poidan incorporarse á actividade laboral a través do autoemprego.

Este curso contará coa colaboración da nosa Fundación CEL - Iniciativas por Lugo, en cuxas instalacións se desenvolverá entre os días 3 e 28 de xullo de 2017, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Poderán inscribirse todos aqueles mozos, menores de 30 anos, en situación de desemprego e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que están a valorar crear a súa crear a súa propia empresa e teñan interese en aprender a xestionar con éxito as distintas áreas funcionais da mesma (planificación estratéxica, modelo de negocio, mercadotecnia, comunicación, finanzas, fiscal, mercantil).

A través deste curso axudarase aos asistentes a formarse para transformar unha idea empresarial nun proxecto viable, estimulando a súa creatividade e orientándolles na definición do seu modelo de negocio mediante metodoloxía LeanStartup. Fomentarase así mesmo o uso de TIC como elemento de innovación e diferenciación na idea de negocio (ver programa completo ao final desta entrada).

Os alumnos que finalicen con éxito este curso recibirán, ademais, unha axuda de ata 3.000 euros para a posta en marcha do seu negocio a través da Fundación EOI.

Máis info e inscricións