Escrito o:
Nuevo acuerdo de CEL y ABANCA para impulsar el desarrollo económico de la provincia
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e ABANCA subscribiron hoxe un novo convenio de colaboración para apoiar o desenvolvemento do tecido empresarial lucense, en virtude do cal, entre outros, as empresas asociadas á CEL terán acceso a diferentes servizos e produtos financeiros de ABANCA en condicións vantaxosas.
O acto de firma tivo lugar na sede central da CEL coa presenza de Walter Álvarez, director territorial de ABANCA en Lugo, e Jaime López, secretario xeral da CEL.
A firma deste acordo vén renovar e apontoar a tradicional alianza de Abanca e CEL no ámbito do compromiso social e a posta en marcha de proxectos nos que ambas as institucións comparten obxectivos comúns.
O novo convenio asinado entre ABANCA e CEL facilita que os empresarios e emprendedores de Lugo atendidos pola organización empresarial lucense accedan a condicións melloradas na contratación de diferentes produtos especializados, como pólizas de crédito, avais, préstamos persoais ou leasing ou unha liña especial de produtos no ámbito do comercio exterior.
Os profesionais pertencentes a CEL tamén se beneficiarán, en virtude deste acordo, de tarifas personalizadas no alta e mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV), entre outras facilidades para medios de pago.
Financiamento
Por outra banda, o convenio tamén facilita o acceso ao financiamento do Plan Activamos, asinado coa Deputación de Lugo, e que permite atender necesidades de investimento cunhas condicións económicas moi competitivas. Este plan contribúe ao desenvolvemento económico e social de Galicia e conta con cinco modalidades: préstamo emprendedores, préstamo novas investimentos, préstamo para a mellora da eficiencia enerxética, póliza de crédito para creación de emprego e póliza de crédito avante para circulante.
Ademais, este convenio inclúe a adhesión ao Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite a autónomos e micro pemes gozar da exención das comisións da conta, cartóns e servizos máis usuais a cambio dunha mínima vinculación coa entidade.
Premio CEL-ABANCA
Por outra banda, a entidade financeira e a Confederación organizarán en función deste acordo a segunda edición do Premio CEL - ABANCA, nado coa intención de impulsar e dinamizar a cultura emprendedora e o tecido empresarial en Lugo, recoñecerán anualmente os mellores proxectos da provincia. Este galardón, que o ano pasado recaeu nos emprendedores de Miramar Cruises, complementarase co apoio do banco con sede en Galicia aos proxectos que desenvolve a CEL a través dos seus servizos técnicos en materia de asesoría e acompañamento ao emprendedor para a posta en marcha do seu negocio ou a internacionalización.
MÁIS SOBRE AS CONDICIÓNS DO NOVO CONVENIO