Voltar atrás

Escrito o:

Taller Industria 4.0

Conscientes de que o futuro da industria pasa pola súa transformación dixital, a Fundación CEL - Iniciativas por Lugo acolle este martes, día 9 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 horas, o taller formativo "INTRODUCIÓN PRÁCTICA Á INDUSTRIA 4.0", a fin de aclarar conceptos relacionados con esta nova revolución dixital e analizar tecnoloxías e casos reais de éxito.

O taller contará coas achegas de Pablo Coca, director de Negocio e Operacións da Fundación CTIC que, entre outras cuestións, abordará as seguintes:

  • Industria 4.0: aclarando conceptos
  • Cadea de valor na Industria 4.0
  • Tecnoloxías Habilitadoras e casos reais de aplicación
  • Demostración de tecnoloxías Taller práctico 


No marco do taller informarase tamén sobre axudas para implantación de solucións 4.0 e incluirase un tempo de debate e resolución de dúbidas.

O taller está dirixido a empresarios e persoal das empresas con responsabilidades directivas. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN TALLER INDUSTRIA 4.0 

MÁIS SOBRE INDUSTRIA 4.0

Fundación CEL - Iniciativas por Lugo
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
O Palomar, s/n
27.004 Lugo