Escrito o:
O absentismo laboral, a análise nunha xornada de CEL e Mutua Gallega
A directora médica de Mutua Galega, Belén Cartimil, analizou na tarde de onte, na sede da CEL, as principais causas e consecuencias das ausencias do posto de traballo e como afectan á competitividade das empresas.
O relatorio desenvolveuse no marco dunha xornada á que asistiron ao redor de cincuenta persoas e que foi inaugurada por José Francisco Real Castro, conselleiro delegado sectorial da CEL.
Neste encontro informativo, Belén Cartimil expuxo os datos estatísticos relativos a absentismo laboral en España, Galicia e Lugo, que veñen rexistrando progresivos aumentos desde 2014 e tras os descensos experimentados durante a crise. Tamén se referiu a os instrumentos para a súa xestión nas empresas, que pasan polo establecemento de sistemas de control e seguimento, espcialmente con respecto a casos recorrentes, e no establecemento de medidas desde a área de recursos humanos encamiñadas a facilitar unha mellora do clima laboral (medidas de conciliación, flexibilidade horaria, etc.).
Tanto Belén Cartimil como o conselleiro delegado da CEL coincidiron en subliñan os importantes custos que implica o absentismo, que practicamente alcanzan nos últimos anos os 6.000 millóns de euros para a Seguridade Social por abono de prestacións económicas, e superan os 5.000 millóns para as empresas polo abono dos primeiros días de baixa. Isto sen cuantificar os cosso indirectos "provocados por cuestións como o tempo de procura e substitución do empregado de baixa ou a formación para a adaptación do substituto ao posto de traballo", en palabras de Real Castro.
Segundo remarcouse na xornada, o absentismo laboral é, por estas razóns, un factor crave a estudar e controlar no seo das empresas; unha adecuada análise da súa incidencia e o establecemento de medidas de xestión e control resultan determinantes para paliar os seus efectos negativos, entre os que destacan para as empresas a perda de competitividade e produtividade.