Escrito o:
Xornada Informativa: Xestión do Absentismo
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Mutua Galega promoven en Lugo a celebración dun encontro informativo sobre absentismo laboral, que busca non só dar a coñecer a situación do mesmo en España, Galicia e Lugo, así como a normativa de incapacidade temporal, senón tamén facilitar a súa xestión por parte das empresas a través de medidas de prevención e mecanismos de control.
Belén Cartimil, Directora Médica en Mutua Galega, será a encargada de informar as empresas sobre absentismo nesta xornada (descargar programa completo en pdf ao final desta entrada), que se celebrará o próximo 29 de marzo, mércores, na sede central da CEL.
A inscrición é libre e gratuíta, aínda que as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, dando preferencia a empresas asociadas á CEL.
INSCRIBIRME EN XORNADA XESTIÓN DO ABSENTISMO
Sede Central CELPlaza de Santo Domingo, 6-8
27.001 Lugo