Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Xestión do Absentismo

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Mutua Galega promoven en Lugo a celebración dun encontro informativo sobre absentismo laboral, que busca non só dar a coñecer a situación do mesmo en España, Galicia e Lugo, así como a normativa de incapacidade temporal, senón tamén facilitar a súa xestión por parte das empresas a través de medidas de prevención e mecanismos de control. 

Belén Cartimil, Directora Médica en Mutua Galega, será a encargada de informar as empresas sobre absentismo nesta xornada (descargar programa completo en pdf ao final desta entrada), que se celebrará o próximo 29 de marzo, mércores, na sede central da CEL.

A inscrición é libre e gratuíta, aínda que as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, dando preferencia a empresas asociadas á CEL

INSCRIBIRME EN XORNADA XESTIÓN DO ABSENTISMO

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8
27.001 Lugo