Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Apoios para as Pemes Galegas

A sede central da CEL acolle o vindeiro venres, 10 de marzo de 2017, a partir das 9:00 horas, unha xornada informativa sobre diferentes liñas de axudas e apoios a pemes galegas habilitadas a través de diferentes organismos da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Contará coas intervencións de técnicos do Igape ou a Axencia Galega de Innovación, entre outros, ademais de con o titular da Consellería, Francisco Conde, que abrirá o encontro. Informarase sobre axudas á innovación de GAIN, liñas de apoios (axudas e financiamento) do Igape, así como outras axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria de interese para as empresas (descargar programa completo ao final desta entrada).

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, abrirá esta xornada informativa compartindo un café - networking cos asistentes.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, con prioridade para as empresas asociadas á CEL.

FORMALIZAR INSCRICIÓN

 

Sede central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo