Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Obriga de Control de Horarios: Oportunidade para a mellora da productividade e a calidade do servizo

A Audiencia Nacional na súa resolución 207/2015 indica que toda empresa ten a obrigación de rexistrar dun modo fehaciente e diariamente as horas ordinarias e extraordinarias realizadas polos seus traballadores, mesmo e aínda que nas mesmas non se realicen horas extras. O seu incumprimento, ante unha inspección de traballo, leva sancións de entre 625 e 6.250 euros.

Pola súa banda, a Inspección de Traballo e Seguridade Social endureceu os controis e está a incrementar a revisión daqueles aspectos que teñan que ver coa actividade da empresa, os seus empregados e o horario de funcionamento con especial atención aos rexistros de xornada e cuadrantes de traballadores a tempo parcial.

A obrigación legal de rexistrar a xornada dos traballadores, afecta a todas as empresas independentemente do seu tamaño, tipo de xornada, sexa no centro de traballo ou en mobilidade, e fagan ou non horas extras. As empresas poden converter esta obrigación nunha oportunidade para aumentar a súa produtividade e mellorar a calidade do servizo, tanto pola análise dos datos recolleitos, como pola información que permita tomar decisións en tempo real sobre a prestación dos servizos prestados aos seus clientes.

Coa finalidade de analizar os detalles lexislativos da obrigación das empresas de rexistrar a súa actividade e controlar os horarios dos seus empregados, as sancións que supón, e como facilitar o cumpliento desta obrigación e convertelo nunha oportunidade, a Confederación de Empresarios de Lugo organiza, para o vindeiro martes día 17 de xaneiro de 2017, en horario de 12:00 a 13:30 horas, unha xornada informativa dirixida a directivos e empresarios interesados na materia e en novas ferramentas para a súa xestión, na que se contará coas achegas como relatora de Jorge Cebreiros Arce, Licenciado en Química e Socio - Director de InfoJC, empresa especializada en xestión de control de horarios (ao final desta entrada pode descargarse programa completo en pdf).

Inscricións

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA CONTROL HORARIOS

Máis info no teléfono 982 23 11 50.

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo