Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Divulgación Tecnolóxica: Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolle o próximo día 12 de xaneiro de 2017, xoves, a xornada de divulgación tecnolóxica "Simulación, Modelización e Big Data na Industria 4.0", organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), a través de CIS Galicia e CESGA, e coa colaboración doutros organismos como Igape ou Amtega.

O encontro, que terá lugar en horario de 9:30 a 11:00 horas, ten por obxecto achegar ás pemes lucenses as tecnoloxías crave para a industria 4.0, así como informar os apoios habilitados en Galicia para facilitar a implantación destas solucións.

Nesta liña, o programa da xornada analizarán cuestións como os beneficios para a peme da simulación numérica e a análise de datos ou tecnoloxías necesarias (hardware, software e aplicacións) e requirimentos de implantación, ademais de presentar experiencias reais de éxito e o programa Reacciona-TIC de mellora competitiva que se ofertan nestes momentos ás pemes galegas para faclitar a implantación de tecnoloxías 4.0.

A xornada está dirixida preferentemente a persoal directivo e responsables de departamentos de empresas de todos os sectores (xerentes, responsables de produción, responsables de oficinas técnicas, etc).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse na web do CIS.

Programa

9:30 h. Presentación institucional
                  Servizos do CESGA e GAIN-CIS para o impulso da matemática industrial e a supercomputación en pemes (GAIN)
                  Servizos Re-Acciona TIC de mellora competitiva para pemes galegas: Xeración de Modelos e Simulación Industrial (IGAPE)  

9:45 h. Simulación numérica e análise de datos. Beneficios para a peme (CESGA)

10:00 h. Tecnoloxías necesarias: hardware, software e aplicacións. Requirimentos para a súa implantación (CESGA)

10:15 h. Casos reais de empresas que xa apostaron pola aplicacion destas tecnoloxías (CESGA)

10:30 h. Casos de éxito cara a unha industria 4.0 grazas ás tecnoloxías Big Data & MSO (Modelización, Simulación e Optimización) (ITMATI)

10:45 h. Servizo Re-Acciona TIC de Xeración de Modelos e Simulación Industrial (SOLTEC)

INSCRICIÓN

Jornada Divulgación Tecnológica - Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo