Escrito o:
CURSO Internet das cousas. Aplicacións e manexo de sistemas non tripulados
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza en Lugo o curso "Aproximación didáctica á Internet das cousas. Aplicacións e manexo de sistemas non tripulados", de 120 horas de duración e orientado a facilitar a autónomos e traballadores de pemes formación actualizada en solucións de industria 4.0.
A acción formativa, que se impartirá entre decembro de 2016 e marzo de 2017, divídese en tres módulos. No primeiro, "Aproximación didáctica á Internet das cousas",de 30 horas de duración, abordaranse cuestións como tipos de sensores, fundamentos do procesado de sinal, protocolos de comunicación, tipoloxía e estrutura de redes, sistemas autónomos de tracking e geolocalización ou fundamentos para a impresión 3D, entre outras. No segundo, "Sensórica e actuadores mecatrónicos. Aplicacións para drones", de 30 horas, os alumnos penetraranse no mundo dos RPAs e UAVs, captación e xestión de datos a través deles, etcétera. Finalmente, no terceiro módulo, "Fundamentos para o manexo de vehículos aéreos non tripulados", de 60 horas, facilitarase formación para o manexo de drones así como información sobre a nova normativa que regula este tipo de vehículos aéreos.
A finalización deste curso confire aos seus alumnos unha dobre certificación, en "Internet das cousas" e en "Manexo de vehículos aéreos non tripulados" (RPAs/drones), a condición de que o alumno asista ao 75% das clases dos dous primeiros módulos e ao 100% do terceiro.
Custo e inscrición
O curso ten un custo total de 300 euros para socios da CEL (400 para non socios), abonables en pago fraccionado (metade coa matrícula e o resto no mes de marzo). Para reserva de praza, é necesario enviar un e-mail a formacion@cel.es, manifestando interese neste curso e indicando os seguintes datos: número de teléfono, dirección postal, teléfono de contacto, email, titulación e empresa, antes do 27 de decembro de 2016.
Máis información no cartel e tríptico descargables ao final desta entrada.