Escrito o:
Participamos no encontro sobre o rexistro e control horario na xornada de traballo
A responsable dos servizos xurídicos da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Lourdes Pardo, participa hoxe no encontro 'Rexistro e Control Horario na Xornada de Traballo', organizado polo Consello Galego de Relacións Laborais conxuntamente coa E. U. de Relacións Laborais de Lugo e co Colexio Oficial de Graduados Sociais para analizar a xurisprudencia, os criterios da Inspección de Traballo e a problemática que atopan na práctica os axentes sociais á hora de aplicar o devandito rexistro e control.
Recentes sentenzas da Audiencia Nacional e o establecemento de criterios de actuación da Inspección de Traballo en materia de rexistro e control da xornada pon no punto de mira a regulación e o control da xornada de traballo. A regulación legal contida no Estatuto dos Traballadores e mesmo no Real Decreto de Xornadas Especiais non son todo o precisas e concretas que debesen ser e deixan zonas grises á hora de realizar un control efectivo.
Co fin de debater estas cuestións e aclarar dúbidas, o encontro de hoxe contempla unha mesa redonda na que participan tanto representantes dos empresarios como dos sindicatos, e inclúense as intervencións de Fernando Lousada Arochena, Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e de Nicolás González Raposo, xefe da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Lugo.
Fotos: cedidas por E.U. Relacións Laborais Lugo