A información para emprendedores de Lugo, no blog e+e
Continuamos publicando entradas en e+e o blog dos emprendedores e empresarios de Lugo, que CEL e Fundación CEL puxemos en marcha en maio de 2015 para informar sobre creación de empresas e emprender na provincia de Lugo. Desde a experiencia de emprendedores do viveiro de empresas da Fundación a artigos sobre prevención de riscos laborais, información sobre formas xurídicas ou axudas e lexislación vixente ocupan os temas máis recorrentes nos post dunha bitácora que busca converterse en referente para os empresarios e emprendedores de Lugo.
Compartimos algunhas das últimas entradas e animámosvos a subscribirvos (só tendes que facilitarnos un mail na sección de subscrición do blog e confirmar a subscrición ao recibir o primeiro correo) para non perdervos nada do que se coce no ecosistema emprendedor lucense.
En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos. AceptarMáis información