Escrito o:
Os empresarios de Lugo infórmanse sobre os apoios á financiación de empresas do Igape
Medio centenar de empresarios de Lugo asistiron onte na CEL a unha xornada informativa convocada polo Igape para dar a coñecer as liñas que este organismo mantén en vigor para apoiar o financiamento das pemes e microempresas galegas.
O encontro contró coas intervencións de Javier Aguilera, director do Igape; José Luís Feijoó, xefe de zona de Afigal; Curro López, subdirector de Información Especializada do Igape, e Cristina Sanz Arias, responsable da oficina en Lugo deste organismo.