Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Técnica: Préstamos Directos e Liñas de Financiamento do Igape

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), vén de lanzar diferentes liñas de apoio ao financiamento de investimentos por parte das pequenas e medianas empresas galegas, ademais de préstamos directos, mediante convoctoria publicada en datas recentes no DOG.

Coa finalidade de dar a coñecer dotación, prazos de solicitude e características xerais, así como resolver as dúbidas das empresas de Lugo sobre estes apoios, o organismo galego organiza unha xornada técnica que terá lugar o próximo día 22 de setembro, xoves, na sede central da CEL, en horario de 19:00 a 20:30 horas. Participará o director do IGAPE, Javier Aguilera, así como persoal técnico deste organismo e da sociedade de garantía recíproca AFIGAL.

As prazas son limitadas polo que se require efectuar reserva a través do enlace:

FORMALIZAR INSCRICIÓN

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 Lugo