Escrito o:
Formación PRL 2016
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento da Xunta de Galicia, varias accións formativas gratuítas en materia de seguridade e saúde laboral destinadas tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
Estas accións formativas, de cinco horas de duración cada unha (fóra das de Soporte Vital Básico, de oito horas), desenvolveranse entre os meses de setembro e outubro próximos, maioritariamente na cidade de Lugo aínda que tamén se contemplan un par de accións formativas nas zonas norte e sur da provincia.
Concretamente, impartiranse os seguintes cursos:
- Traballos verticais
Lugo, o 16/09/2016 - INSCRICIÓN -
- Seguridade en espazos confinados
Lugo, o 17/09/2016 - INSCRICIÓN -
- Conciencia sobre o Lume
Lugo, o 23/09/2016 - INSCRICIÓN -
Zona Norte - A Mariña Lucense, o 21/10/2016 - INSCRICIÓN -
- Soporte vital básico + DESA
Lugo, 30/09/2016 e 01/10/2016 - INSCRICIÓN -
- Equipos de Respiración Autónoma
Lugo, 24/09/2016 - INSCRICIÓN -
Lugo, 14/10/2016 - INSCRICIÓN -
- Prevención na manipulación e almacenamento de produtos químicos
Lugo, 15/10/2016 - INSCRICIÓN -
- Manexo de plataformas elevadoras
Monforte de Lemos, 22/10/2016 - INSCRICIÓN -
Ao final desta entrada pode descargarse dossier cos programas e obxectivos de cada un destes cursos, que se organizan ao abeiro da Orde de 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2016.
As prazas son limitadas (admitirase a un máximo de 20 alumnos por acción formativa, fóra das de Soporte Vital Básico que só contan con dez prazas cada unha) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
O prazo de inscrición permanecerá aberto até ir cubrindo prazas. Cada alumno poderá inscribirse nunha ou varias accións formativas: para reservar praza, é necesario cumprimentar cada un dos formularios de inscrición accesibles vía enlaces anteriores.