Escrito o:
Premios RSE Galicia 2016
Até o próximo día 29 de xullo aínda permanecerá aberto o prazo para presentar candidaturas aos Premios RSE Galicia 2016, uns galardóns habilitados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para recoñecer publicamente o labor daquelas empresas galegas ou con centros de traballo en Galicia que desenvolvan iniciativas e boas prácticas en calquera das dimensións ou ámbitos relacionados coa responsabilidade social empresarial. Trátase de recoñecer a empresas que teñan implantados na súa xestión principio e practicas de RSE.
Ao mesmo tempo, estes Premios pretenden sensibilizar ao empresariado galego sobre a necesidade de incorporar a RSE no desenvolvemento da súa actividade, así como concienciar á opinión pública sobre a importancia de optar por formas de xestión empresarial responsable.