Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Informativa: Lei Sociedades Laborais e Participadas

A través da Lei 44/2015, de 14 de ocubre, de Sociedades Laborais e Participadas, regúlase desde finais do pasado ano a constitución e funcionamento deste tipo de sociedades en España. A aprobación desta nova normativa trata de facilitar a creación desta tipoloxía de empresas, flexibilizando a participación das persoas traballadoras, axilizando os trámites de compra e venda das accións ou participacións, e establecendo tamén a figura da sociedade participada dentro da lexislación española. 

Coa finalizar de profundar nesta normativa e aclarar dúbidas sobre a constitución e funcionamento deste tipo de sociedades, a Fundación CEL acollerá o día 6 de xuño unha xornada informativa, organizada por Aesgal e a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, que permitirá resolver dúbidas tanto entre os empredendedores interesados nesta forma xurídica como en técnicos de asesorías e outras entidades de apoio e asesoramento a emprendedores.

O programa (descargable ao final desta entrada), comprende non só relatorios de carácter técnico sobre a nova lei, senón tamén información sobre axudas para sociedades laborais habilitadas en Galicia.

A entrada é libre previa inscrición na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA LEI SOCIEDADES LABORAIS E PARTICIPADAS

Máis información tamén sobre a nova lei no noso blog.