Voltar atrás

Escrito o:

Os empresarios de Lugo achégase aos retos das novas industrias 4.0

A Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL acolleu onte un interesante encontro promovido por APD e o Igape, no marco do programa Capacita Directivos, no que se analizaron e debateron os novos retos que se presentan para as pemes coa irrupción do que se denominou as "industrias 4.0", que están a promover drásticos cambios na forma de operar das empresas e que en conxunto están a supor unha nova revolución industrial.

Transformación industrial, experiencia dunha fábrica sen papeis, eficiencia enerxética ou optimización de decisións son algúns dos puntos que se abordaron neste foro, no que ademais se deron a coñecer experiencias reais próximas de éxito como Terras Gauda.

O de Lugo foi o primeiro dun conxunto de encontros que terán lugar en diferentes puntos da xeografía galega.