Escrito o:
Industrias 4.0: Casos de éxito
A Escola de Empresarios e Centro de Formación da CEL acolle o próximo 24 de maio, martes, en horario de 16:00 a 19:00 horas, este encontro empresarial, impulsado por APD e o Igape, no que se abordarán os retos que expoñen as novas tecnoloxías para as empresas galegas no ámbito do que se deu en chamar unha "cuarta revolución industrial". Transformación industrial, experiencia dunha fábrica sen papeis, eficiencia enerxética ou optimización de decisións son algúns dos puntos que se abordarán a través de encontros neste foro, no que ademais se mostrarán experiencias reais de éxito. Dirixido a empresarios e emprendedores.
Programa (descargable completo en pdf ao final desta entrada)
16:15 h. Recepción de asistentes.
16:30 h. Benvida e presentación.
16:40 h. A transformación industrial para a competitividade sustentable das nosas fábricas. O camiño cara á Fabricación Avanzada.
17:15 h. A experiencia dun centro tecnolóxico de automoción na fábrica sen papeis.
17:45 h. Eficiencia enerxética na Industria 4.0.
18:15 h. Optimización de decisións no sector agroindustrial.
18:45 h. Coloquio.
19:00 h. Fin sesión.
Inscricións
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que deberá tramitarse na páxina de APD a través desta ligazón previa rexistro e indicando como código de invitación o seguinte I16EZJEA. De producirse calquera inconveniente para formalizar a inscrición, podedes contactar directamente coa CEL no 982 23 11 50.
Escuela de Empresarios y Centro de Formación CELRúa Manuel Murguía, 6 - Bajo
27.003 Lugo