Voltar atrás

Escrito o:

Programa Vacaciones en Paz SOGAPS

A ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) solicitou a nosa colaboración para dar a coñecer o Programa Humanitario "Vacacións en Paz",que desenvolve desde hai anos para traer a nenos dos campamentos de refuxiados no deserto de Tinduf en Alxeria, a fin de evitarlles as altísimas temperaturas dos meses de xullo e agosto, acolléndolles en familias e procurándolles ademais a atención médica da que practicamente carecen nos campamentos. 

Para a posta en marcha deste programa, ademais da colaboración solidaria das familias de acollida, entre as que figuran varias lucenses, a ONG necesita de recursos económicos para custear a viaxe dos nenos, polo que solicitan o apoio dos empresarios e comerciantes que poidan realizar unha achega, a fin de traer este verán o maio rnúmero de nenos posible. O risco de conflito armado na zona obriga ademais, segundo sinala Sogaps, a preparar estas viaxes canto antes este ano. O número de conta para realizar estas achegas é É40 2080 5056 13 3040034374 (en Abanca).