Escrito o:
Encontros Bilaterais Plataformas Colombia e Rusia
O vindeiro martes 26 de abril de 2016, a partir das 16:30 h, a sede central da CEL acolle unha Xornada Bilateral coas plataformas PEXGA de Colombia e Rusia.
Dita xornada iniciarase cunha breve presentación da situación do mercado en cada un dos países e das oportunidades de negocio en ambos. A maiores, todas aquelas empresas que estean interesadas poderán entrevistarse persoalmente cos representantes das plataformas, a fin de expor as súas inquietudes e intereses de forma individualizada.
Prazas limitadas
As prazas son limitadas, tanto para acudir á Xornada de presentación dos mercados de Colombia e Rusia, como para entrevistarse persoalmente cos representantes das citadas plataformas, polo que é necesario inscribirse a través desta LIGAZÓN.
Este encontro, o primeiro dunha serie que traerá en 2016 a Galicia a representantes dos mercados onde actualmente está implantada a Rede Pexga.
Sede Central CELPlaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27001 LUGO