Escrito o:
Programa de Prácticas ADE 2016
Un ano máis, a Facultade de Dirección e Administración de Empresa do Campus de Lugo da USC abre o prazo para que as empresas da provincia interesadas en colaborar co seu Programa de Prácticas poidan solicitar a súa adhesión para acoller nos seus centros de traballos a alumnos deste centro educativo.
Os alumnos participantes neste programa son os que se atopan cursando os últimos anos do Grao de Administración e Dirección de Emrpesas (ADE). O período no que deberán ter lugar as prácticas, dunha duración total de 150 horas, deberá estar comprendido entre o 1 de xuño e o 31 de xullo de 2016. O calendario e horario das mesmas será acordado entre o/o alumno/a e a empresa dentro deste período (a xornada partida ou xornada completa ou outras opcións que estimen oportunas).
Novidade
Como novidade, a partir deste curso se ambas partes, empresa e alumno/a, están de acordo, poderase ampliar o período de prácticas até un máximo de 600 horas, con data límite do 30 de setembro de 2016.
As actividades a desenvolver por parte dos alumnos terán que axustarse aos obxectivos xerais do proxecto formativo recolleito na memoria do Grao en ADE, que busca, concretamente, a "formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas". Estes labores poderán desenvolverse no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais".
Non existirá compromiso laboral algún entre a empresa e o alumnado en prácticas, que estará cuberto por un seguro do centro educativo.
Adhesión
A CEL colabora co Programa de Prácticas da Facultade de ADE desde hai anos, en virtude dun convenio de colaboración que busca "favorecer o contacto dos estudantes coa realidade empresarial" e a "adecuación da formación recibida polos alumnos no ámbito académico coas necesidades reais das empresas". As empresas interesadas en contar este ano cun ou varios alumnos de ADE en prácticas, poden adherirse a este convenio enviando o formulario descargable ao final desta entrada, debidamente cumprimentado e asinado, escaneado por email á dirección fadedeca@usc.es antes do día 18 de marzo de 2016.
Por outra banda, as empresas interesadas en colaborar en anos sucesivos co Programa de Prácticas da Facultade de ADE tamén poden subscribir directamente un acordo de colaboración coa Facultade. Neste caso,o convenio haberá de suscribirse antes do próximo día 8 de marzo, polo que os interesados deben porse en contacto canto antes coa Facultade para a súa firma.
Para máis información e resolución de dúbidas, consultar coa Secretaría do Decanato da Facultade de ADE no número de teléfono 982 824 403.