Voltar atrás

Escrito o:

Business Intelligence: cómo axuda ás nosas compañías

Business Intelligence (BI) ou intelixencia de negocios pode definirse como un conxunto de estratexias na empresa baseadas na análise de datos apoiado en ferramentas tecnolóxicas que permiten a súa transformación en información estruturada e coñecemento útil para a toma de decisións empresariais.

O uso de ferramentas de Business Intelligence ofrece unha vantaxe competitiva ás empresas, dado que facilita a localización, tratamento e análise dos datos da organización e a súa transformación en información útil para o posterior deseño de estratexias de negocio.

Coa finalidade de coñecer con maior profundidade en que consiste o Business Intelligence, a sede central da CEL acollerá unha xornada informativa, organizada en colaboración con Advantic Consultores, o próximo día 9 de marzo, mércores, en horario de 11:00 a 13:00 horas (descargar invitación ao final desta entrada).

No marco da xornada analizarase tamén o funcionamento e uso dunha das plataformas máis actuais e completas de BI, Qlick Sense, que permite a calquera persoa, e desde calquera dispositivo, crear con facilidade visualizacións de datos flexibles e interactivas que fomenten a exploración e o descubrimieto mediante a intuición.

Programa

  • Que é o Business Intelligence
  • Orixes, visualización e análise de datos.
  • Diferenzas entre BBDD Transaccionais e Tecnoloxía Asociativa.
  • Reporting - Gráficos.
  • Presentación e creación dun Cadro de Mando en directo desde cero.
  • Exemplos de Cadros de Mando Xenéricos.
  • Rogos e Preguntas.
     

A xornada está dirixida a empresarios e directivos interesados en ferramentas de Business Intelligence. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA BUSINESS INTELLIGENCE