Escrito o:
Jornada Ayudas INEGA 2016
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza a Xornada de Traballo "Axudas do INEGA 2016 para Aforro e Eficiencia Enerxética", en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Instituto de Eficiencia Enerxética (Inega).
A xornada terá lugar o día 3 de febreiro de 2016, mércores, ás 12:00 horas, na sede central da CEL en Lugo (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta), e contará coas achegas de José Anxo Abad Sánchez, xefe da área de Aforro e Eficiencia Enerxética do Inega. Presentaranse as diferentes liñas de axuda e resolveranse dúbidas sobre estas e sobre cuestións como auditorías enerxéticas, mobilidade con combustibles alternativos, implantación de sistemas de xestión enerxética ou proxectos de aforro e eficiencia enerxética (programa completo descargable en pdf ao final desta entrada).
Inscrición
As prazas son limitadas, polo que é imprescindible formalizar inscrición a través da CEL (info no 982 23 11 50), na seguinte ligazón: