Escrito o:
Xornada Axudas Pemes Galegas
A sede central da CEL acolle este mércores, día 20 de xaneiro de 2016, en horario de 19:00 a 21:00 horas, unha xornada informativa sobre os apoios para as pemes galegas habilitados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Analizaranse as diferentes liñas de axudas de Igape e Gain (para financiamento, innovación, etc.) publicadas recentemente no DOG.
Entre outros, participarán Curro López, Subdirector de Información do Igape, e Elena Polo Prieto, técnico da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, pechará o encontro cunha sesión de networking na que atenderá ás preguntas dos asistentes. Programa completo descargable en pdf ao final desta entrada.
Inscrición
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que haberá de formalizarse a través da seguinte ligazón:
INSCRICIÓN XORNADA APOIOS PARA PEMES GALEGAS
Sede Central CELPlaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 LUGO