Voltar atrás

Escrito o:

Xornada Medioambiental: Por que reciclar?

En virtude do acordo de colaboración que manteñen CEL e Sogama para mellorar a formación ambiental na provincia de Lugo, ambas as entidades organizan unha nova xornada informativa de carácter ambiental, POR QUE RECICLAR?.

Nesta ocasión, búscase informar sobre diferentes procesos de reciclaxe, cales son os seus beneficios e como poden contribuír cidadáns e empresas, tendo en conta que o papel da reciclaxe na protección do medio ambiente é hoxe en día incuestionable, así como a utilidade que a transformación dos residuos en novos produtos ten na sociedade actual e no marco dunha economía circular, entendida como aquela en a que bens e servizos son pensados para que teñan unha vida máis longa, diminuíndo ao tempo a produción de residuos e propiciando o aforro económico.

Para analizar a situación, a xornada contará coas achegas de Juan Ramón Meléndez, xefe de Relacións Institucionais de Ecoembes, e Germán Fernández, xerente de Ecovidrio en Galicia (ver programa completo en pdf ao final desta entrada), que estarán acompañados polo presidente de Sogama e o secretario da CEL.

A xornada terá lugar o xoves 18 de febreiro, en horario de 17:00 a 19:00 horas, na sede central da CEL en Lugo (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta). A entrada é libre previa inscrición (prazas limitadas) na seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA AMBIENTAL POR QUE RECICLAR?