Escrito o:
A CEL propón a José Manuel Pérez Canal como candidato á presidencia da CEG
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) comunicou hoxe formalmente á confederación galega a súa proposta de candidato para as próximas eleccións a presidencia na entidade, previstas para o próximo día 15 de xaneiro. José Manuel Pérez Canle, actual presidente da confederación ourensá, é o candidato proposto pola CEL, en virtude do acordo adoptado polos seus órganos de goberno e do apoio que a organización empresarial lucense xa veu manifestando a esta candidatura antes xa da súa formalización.