Voltar atrás

Escrito o:

Unha trintena de empresarios informanse sobre absentismo laboral e produtividade

Javier Flórez, director xerente de Mutua Galega, analizou esta tarde na sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) os datos de absentismo e produtividade, nunha charla ante máis de trinta empresarios na que destacou o longo proceso de resolución das continxencias comúns na provincia.

Segundo Flórez, que estivo acompañado na mesa polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o secretario xeral da CEL, Jaime López, a denominada ?continxencia común? é a causa principal de absentismo laboral nas empresas, e á súa vez, o absentismo laboral é unha das maiores preocupacións para os empresarios. 

Os datos analizados arroxan luz sobre algúns dos aspectos que máis preocupan ás empresas en época de cambios económicos, como o repunte demostrado do absentismo ?tanto o justificando como o non justificado- en etapas de repunte económico. En 2007 o absentismo en España situábase nun 4,9%, porcentaxe que se viu reducido nos anos seguintes até alcanzar o 4,1% en 2013. Con todo, as cifras de 2014 elevan a porcentaxe de novo até o 4,4%.

Durante a charla, Javier Flórez analizou as diversas causas e consecuencias do absentismo, así como as posibles canles cos que as empresas contan para combatelo, e abordou as cifras concretas da provincia lucense, que segundo os estudos é a provincia galega con máis longa duración do proceso de continxencias comúns ?a causa máis común de absentismo-, cunha media de 66,17 días, moi por encima da segunda, Pontevedra, que marca unha media de 60,11, e lonxe de Ourense, a máis baixa cun media de 56,4 días.

Segundo os estudos, a duración deste proceso varía tamén en función de que entidade realice o seguimento. Así, en Lugo, mentres que cando o seguimento vén da man do INSS o proceso dura de media 70,91 días, esta cifra redúcese notablemente cando é a Mutua quen se encarga do mesmo, baixando até os 63,45 días.