Escrito o:
Xornada Absentismo Laboral e Produtividade
Segundo diferentes informes, unha vez superados os anos de maior impacto da crise económica, as taxas de absentismo laboral volven incrementarse en España, un dos países da OCDE que historicamente rexistrou un maior nivel de baixas laborais.
Tendo en conta que o absentismo laboral supón uns custos directos anuais de preto de 5.000 milones de euros para a Seguridade Social en prestacións económicas e de máis de 4.500 para as empresas polo abono da prestación nos primeiros días de baixa, cobra importancia a adecuada análise da súa incidencia nas empresas, impacto económico e organizativo, factores que a determinan así como medidas de xestión e control.
Con este obxectivo, a Confederación de Empresarios de Lugo e Mutua Galega organizan en Lugo unha xornada informativa para empresas sobre "Absentismo Laboral e Produtividade". Terá lugar o próximo día 10 de decembro, xoves, ás 13:00 horas, na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) e contará coas achegas de Javier Flórez Arias, Director Xerente de Mutua Galega.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. A reserva de praza pode efectuarse a través da seguinte ligazón: