Voltar atrás

Escrito o:

Axudas TIC

Recentemente publicáronse diferentes convocatorias de axudas da entidade pública Rede.es, unhas dirixidas a empresas pertencentes ao sector TIC para o apoio á migración ou desenvolvemento de novas soluciones software para pemes en modo Software as a Service (SaaS), e outras para establecementos hostaleiros e cámpings con condición de peme, para o despregamento ou mellora de redes inalámbricas.

Concretamente, as axudas dirixidas ao fomento da oferta de solucións de computación na nube para pequenas e medianas empresas están orientadas a empresas do sector de novas tecnoloxías e teñen por obxectivo "aumentar a oferta de solucións software para pequenas e medianas empresas (pemes) en modo Software as a Service (SaaS), por parte das empresas do sector da tecnoloxía da información e comunicacións (TIC), mellorando a súa competitividade e posicionamento na comercialización das devanditas solucións". Son axudas de carácter económico, destinadas a financiar unha porcentaxe do orzamento do proxecto subvencionable; o importe de orzamento subvencionable non poderá ser inferior a 25.000 euros nin superior a 60.000. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 11 de xaneiro de 2016 e permanecerá aberto até o día 25 de xaneiro de 2016.

Hostalaría

Por outra banda, a mesma entidade vén de publicar tamén convocatoria de subvencións para mellora da conectividad inalámbrica en establecimienos hostaleiros e cámpings con condición de peme. Concretamente, este programa consta de "axudas económicas a pemes para despregamento ou mellora de redes inalámbricas de establecementos hostaleiros e cámpings, adecuadas ás súas instalacións e que permitan ofrecer un servizo gratuíto de calidade aos clientes desde calquera parte do aloxamento e absorber o aumento de dispositivos móbiles dispoñibles por persoa". O prazo de solicitude permanecerá aberto entre o 15 de outubro e o 16 de novembro de 2015.

Máis info Axudas Computación Nube

Máis info Axudas Hostalaría