Voltar atrás

Escrito o:

Xornada: O Papel das TIC na Xestión Sostible dos Residuos

A temática ambiental retorna a Lugo vía xornadas divulgativas grazas a un novo acordo de colaboración entre a CEL e a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), en virtude do cal ambas entidades organizarán novas actividades formativas en materia de medio ambiente e desenvolvemento sustentable dirixidas tanto a empresarios e emprendedores, como a traballadores e desempregados.

O novo ciclo de actividades, organizado tras o éxito das xornadas celebradas entre finais de 2014 e principios de 2015, ábrese nesta ocasión cunha Xornada sobre "O papel do Tic na Xestión Sustentable dos Residuos", que terá lugar o día 1 de outubro de 2015, xoves, na sede central da CEL, en horario de 16:30 a 18:30 horas.

A xornada, cuxo programa completo pode descargarse en pdf ao final desta entrada, contará coas achegas do xefe do Servizo de Planificación, Prevención e Información da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Fernando Asperilla, e do socio xerente da empresa de desenvolvemento de software ambiental Teimas Desenvolvemento S.L., Miguel Varela Pérez.

O obxectivo deste encontro é o de analizar o papel facilitador das tecnoloxías da comunicación e a información (TIC) para resolver problemas na área ambiental, o seu impacto na contorna ambiental, a súa función no ámbito da economía circular e a súa contribución ao uso máis eficiente dos recursos e enerxía. Analizaranse as súas vantaxes e como aproveitalas por parte das empresas para propiciar unha xestión dos residuos máis sustentable, garantindo o seu crecemento, produtividade e compromiso co medio ambiente.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse na seguinte ligazón:

INSCRIPCIÒN XORNADA PAPEL TIC XESTIÓN RESIDUOS