Voltar atrás

Escrito o:

Os taxistas de Lugo matizan o estudio de Facua e defenden a calidade do servizo en Lugo

Visto o informe de Facua, publicado onte, en relación ás tarifas de taxi, en virtude do cal se fan afirmacións como que ?Lugo é a cidade galega máis cara para coller un taxi de noite? ou das ?máis prohibitivas de toda Galicia?, a Asociación Provincial de Taxis de Lugo desexa realizar algunhas puntualizacións.

A Asociación considera que, tal e como está exposto o estudo, chégase á conclusión e transmítese a imaxe de que Lugo é a cidade máis cara para viaxar en taxi, cando a realidade non é esta. 

O colectivo indica que non se teñen en conta certos factores que inflúen á hora de calcular o custo final dun servizo de taxi. Por exemplo, non se valora o horario que abarca a tarifa nocturna (que en Lugo se aplica de 00:00 a 7:00, intervalo dos máis baixos de Galicia), ou que o cliente de taxi en Lugo paga unicamente a baixada de bandeira e a distancia efectivamente realizada, mentres que noutras cidades existe unha tarifa mínima por carreira aplicable independentemente do traxecto percorrido.

Por outra banda, neste estudo só se analizan as capitais de provincia (co que quedan fóra outras cidades que si teñen prezos máis elevados).

En definitiva, os taxistas lucenses consideran que un informe destas características ha de interpretarse con moita cautela, pois descontextualizar os datos leva a afirmacións que poden danar ao sector. Considera que este tipo de formulacións alarma á poboación e xérase de face ao visitante unha imaxe equivocada do servizo de taxis da cidade