Voltar atrás

Escrito o:

AFAPAN pon o foco sobre o valor do pan e as empanadas lucenses

A Asociación de Fabricantes de Pan da Provincia de Lugo (AFAPAN) presentou hoxe unha campaña publicitaria que, coa lema "Herdeiros da Tradición" desenvolverá a nivel provincial durante os dous próximos meses para dar a coñecer o proceso de elaboración do pan e as empanadas lucenses, produtos estrela das panadarías que conforman o colectivo.

A presentación desta iniciativa, que tivo lugar na sede central da CEL, contou coa asistencia de Guadalupe Gómez Franco e César Fieiras, presidenta e vicepresidente de Afapan respectivamente, así como de José Francisco Real Castro, presidente dos hostaleiros lucenses que se suman a esta campaña coa súa lema ...E para comer, Lugo. Acompañáronlles tamén Óscar Illán e Ángel Lameiro, secretario e tesoureiro de Afapan respectivamente.

Elaboración tradicional

A campaña, segundo Guadalupe Gómez, ten un dobre obxectivo: "o primeiro e máis importante, dar a coñecer aos nosos clientes o pan e as empanadas lucenses e o seu proceso de elaboración único" que é "un proceso continuo, que do amasado ao horneado segue a tradición dos que nos legaron a súa sabedoría e experiencia que nós, a xeración actual, soubemos recoller".

"O proceso de elaboración tradicional do noso pan convérteno nun produto único nas súas características: polo seu sabor, o seu aroma e a súa conservación", subliñou Gómez Franco.

O segundo obxectivo da campaña é que se constitúa "nunha forma de recoñecemento ás panadarías que durante anos estiveron asociadas a AFAPAN e tamén para animar a aquelas que non o están a integrarse" porque "con toda seguridade, compartir experiencias será enriquecedor e mellorará a nosa visión de futuro".

A presidenta dos panadeiros destacou tamén a participación da Asociación Provincial de Hostalaría, pois "temos por obxectivo común conferir maior proxección ao valor que de seu xa teñen os alimentos de orixe lucense, como acreditan aqueles que os degustan e a inmortal lema ...E para comer, Lugo.

Campaña

A campaña de Afapan inclúe a instalación de vallas publicitarios nas principais cidades e municipios da provincia, situadas de forma estratéxica cubrindo zona norte, centro e sur así como o Camiño de Santiago; así como a elaboración e distribución de 10.000 trípticos entre todas as panadarías e oficinas de turismo de Lugo e elaboración e distribución de distintivos específicos para panadarías e furgonetas de repartición.

Estes distintivos "non só identificarán ás nosas panadarías como membros de Afapan, senón tamén e sobre todo como produtores do inigualables pan e empanadas de Lugo e provincia".

Afapan renovou tamén a súa imaxe corporativa: a campaña "Herdeiros da Tradición" desenvolverase cun novo logotipo, que no seu deseño mostra de forma clara o carácter tradicional do proceso de elaboración do pan dos establecementos asociados ao colectivo.