Voltar atrás

Escrito o:

A CEL inicia en xullo catro cursos AFD con certificado de profesionalidade


Estes días dan comezo na nosa Escola de Empresarios e Centro de Formación un total de catro cursos organizados no marco da programación AFD 2015 (accións de formación dirixidas prioritariamente a desempregados), cofinanciada pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo) .

Concretamente iniciaranse os seguintes cursos, para os que aínda hai PRAZAS LIBRES que terán que solicitarse nos próximos días para ter dereito á titulación oficial correspondente:

  • Actividades Administrativas na Relación co Cliente
  • Asistencia Documental e de Xestión de Despachos e Oficinas
  • Actividades de Xestión Administrativa
  • Promoción Turística Local e Información ao Visitante


A duración destes cursos, de carácter presencial e que se impartirán en horario de mañá, oscila entre as 708 e as 898 horas de formación.

Son cursos que permitirán aos alumnos que os finalicen correctamente o acceso a un certificado de profesionalidade, titulación oficial válida en todo o territorio nacional que acredita determinadas competencias profesionais e que pode obterse a través de varias vías, entre elas a superación de módulos formativos ofertados por entidades como a CEL.

Requisitos

Para acceder como participantes a estas accións formativas, é requisito imprescindible estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego. Ademais, ao estar esta formación asociada a certificados de profesionalidade, esíxense tamén uns requisitos formativos mínimos de acceso, dependendo do nivel de cualificación profesional de cada certificado, sendo 1 o máis básico e 3 o máis complexo. No caso das accións formativas da CEL, esixiranse requisitos de nivel 3 (para o que se ha de estar en posesión dun título de Bacharelato, COU, FPII ou Grao Superior de FP) e de nivel 2 (titulación de ESO, 2º de BUP, FP I ou Grao Medio de FP), dependendo do curso.

Inscrición

Os interesados nestes cursos deben dirixirse o máis axiña posible ao noso Centro de Formación, sito en Manuel Murguía 6-Baixo de Lugo, para cubrir ficha de inscrición e participar en entrevista de selección. Máis info no número de teléfono 982 28 40 15.

Escuela de Empresarios y Centro de Formación CEL
Rúa Manuel Murguía, 6 - Bajo
27.001 Lugo