Escrito o:
Achégase o prazo para presentar a declaración do Imposto de Sociedades
No BOE do pasado 8 de xuño publicouse a Orde que aproba os modelos de declaración do Imposto sobre Sociedades e do Imposto sobre a Renda de non Residentes correspondente a establecementos permanentes e a entidades en réxime de atribución de rendas constituídas no estranxeiro con presenza en territorio español, para os períodos impositivos iniciados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014.
O Imposto do exercicio 2014 mantén os recortes nas deducións que xa se foron introducindo desde o 2012, pero a maiores, incrementa algúns, tratando así de conseguir que o tipo de gravame que realmente pagan as empresas estea máis preto do nominal.
Así, estende ao exercicio 2014 a limitación á compensación de bases impoñibles negativas xeradas en exercicios anteriores, a limitación da dedución correspondente ao fondo de comercio, a redución dos límites sobre cota máximos para a aplicación de deducións por reinversión de beneficios extraordinarios, a limitación da dedución dos activos intangibles de vida útil indefinida. Tamén continúan os recortes á liberdade de amortizacións.
Polo que respecta aos prazos, non hai novidades, habendo de presentarse no prazo dos 25 días naturais seguintes ao seis meses posteriores á conclusión do período impositivo. O Imposto de Sociedades deberá de presentarse por medios electrónicos e a domiciliación bancaria poderá realizarse desde o día 1 de xullo até o 20 de xullo de 2015, ambos inclusive.
Para saber máis sobre as novidades que presenta a autoliquidación deste imposto no exercicio de referencia, 2014, recomendamos consultar a nosa Cicular Laboral e Fiscal 2014.