Voltar atrás

Escrito o:

Oportunidades de Negocio en Brasil

O director da Plataforma Empresarial de Galicia en Brasil (Pexga Brasil), Francisco José Vispo Peiteado, visitará Galicia a semana próxima, durante a cal manterá unha ampla axenda de traballo que inclúe encontros bilaterais con empresas interesadas no mercado brasileiro en Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña, así como un taller informativo na capital compostelá para profundar nas oportunidades de negocio que ofrece Brasil para as empresas galegas, así como outras cuestións de interese para a entrada comercial neste país.

As empresas interesadas no mercado brasileiro que desexen manter unha entrevista individualizada en Lugo co director de Pexga Brasil poderán facelo na sede central da CEL o martes 28 de abril de 2015, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A maiores, Francisco Vispo tamén estará dispoñible para encontros bilaterais en Santiago de Compostela o mércores 29 de abril en horario de 12:30 a 15:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, así como na Coruña o xoves 30 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas. 

Nestas reunións, os asistentes contarán coa posibilidade de expor todas as cuestións e dúbidas que consideren oportuno resolver sobre a situación de Brasil, así como servizos da Plataforma Pexga en Brasil que lle poidan resultar útiles.

A maiores, o día 29 en Santiago terá lugar un taller informativo "Por que Brasil?. Oportunidades de Negocio" en horario de 10:00 a 12:00 horas, no que se dará unha visión xeral sobre a implantación en Brasil, con información sobre a oficina de representación, asociacións empresariais, constitución de sociedades no país, visado de investidor, autorizacións e visados para traballadores, etc.

Inscricións

As empresas interesadas en participar deberán remitir un correo electrónico á dirección info@pexga.es co asunto "Atopo Pexga Brasil 28-30 de abril de 2015" no que se indique:

  • Datos de contacto (nome da empresa, nome e apelidos do asistente, teléfono)
  • Se desexa entrevistarse co Director de Pexga Brasil, en que cidade, data e preferencia horaria
  • Se desexa acudir ao taller "Por que Brasil?. Oportunidades de Negocio" que se celebrará en Santiago de Compostela.