Voltar atrás

Escrito o:

CURSO Emprender un Negocio

Entre os días 20 de abril e 17 de xuño de 2015 a CEL organiza unha nova acción formativa dirixida a persoas interesadas no autoemprego. Trátase do Curso 'Emprender un Negocio', posto en marcha no marco do Plan de Formación Intersectorial CEOE - Cepyme 2015.

O curso, de 60 horas totais, inclúe sesións presenciais (un total de cinco, que terán lugar os días 28 de abril; 6,14 e 25 de maio e 2 de xuño en horario de 19:30 a 22:30 horas) e teleformación (formación online).

O programa desta acción formativa (descargable ao final desta entrada) contempla formación en cuestións básicas que ha de coñecer un futuro empresario, desde factores de viabilidade do proxecto empresarial, a variables dun plan de empresa e a súa elaboración, folla de ruta, fundamentos para a xestión e seguimento dun proxecto, entroutros.

Poden participar desempregados, traballadores e autónomos, entroutros colectivos. As prazas son limitadas e o proceso de inscrición permanece aberto:

                                                     INSCRICIÓN CURSO EMPRENDER UN NEGOCIO - Completo