Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA Conciliación, Demografía e Empresa

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, organiza un ciclo de xornadas provinciais sobre "Conciliación, Demografía e Empresa". En Lugo, esta xornada terá lugar este xoves, día 19 de marzo, en horario de 9:30 a 13:30 horas, na sede da Fundación Abanca (Pza. de Santa María, s/n).

Programa

No programa desta xornada (descargable completo en pdf ao final desta entrada) inclúense relatorios sobre "Xeracións e talento, o cambio que xa está aquí", "Conciliación familiar e empresa. Mediación familiar", "Medidas de custo cero. Como mellorar a competitividade da empresa a través da flexibilidade", así como unha mesa redonda sobre "Conciliación e produtividade".

Lourdes Pardo, adxunta a Secretaría Xeral e responsable dos Servizos Xurídicos da CEL participarán na mesa redonda que contempla a participación de expertos en orientación familiar ou muller e empresa, entre outros.

Inscrición

A entrada é libre pero requírese formalizar inscrición a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, enviando email cos datos de contacto (Apelidos e nome, DNI, Sexo, Empresa, Dirección, Teléfono e E-mail) a info-demografia.familia@xunta.es. Máis info no número de teléfono 981 591 012.